"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 13 de septiembre de 2012

Parabéns a creatividade na Tazalunarbooks!!

Tazalunarbooks cumpre un ano dende o seu nacemento. 
É un pequeno proxecto editorial cheo de creatividade, onde pequenos aromas de papel forman as historias a través de obxectos, bolsas, postais, chapas... Creatividade portátil o alcance de tod@s, ideas e orixinalidade que van crecendo en Vilagarcía cun ollo optimista do mundo...

Este Sábado 15 de Setembro de 2012 as 20:00 horas, na C/ Edelmiro Trillo 19, 1ºC en Vilagarcía de Arousa tendrán a celebración do primer aniversario, onde presentarán os últimos 4 proxectos:

Aqui deixo un pequeno mapa da zoa:



Estades todos invitados:
¡Un año de Taza lunar books!

Nesta cita, a que estades tod@s invitad@s, presentarán os últimos 4 proxectos, ademais de expor traballos dos participantes:

"La bolsa del mercado #0", coa temática de flores. Nela participan: José Luiz Oubiña, Anxo Pastor, M José Rodríguez, Justo Ilhuicamina e Augusto Metztli.





"La bolsa del mercado #1", co tema froitas. Nela participan: Yellice Rodríguez Ces, Alicia Pérez, Inma Doval, Ariane Goes, Marthazul e Olalla-Ofl.





¡Hayalebonchi! Unha recopilación de ocorrencias para intervir. Os autores son: Dani (8 años), Sofía (10 años), Virtudes. Ilustracións de Augusto Metztli coa edición de Marthazul. Os que xa non están: Manuela (1881-1968), Faustino (1925-2007), Papamón (1924-2005) e Ángel Calvo (1926-2007). 





"La lagartija mágica", escrito por Anastasio José Mora, e ilustrado por Julia Abalde para a colección "Contarlo en 14,873 mm". 







miércoles, 12 de septiembre de 2012

Acampada na Landra

A nena dos cabelos vermellos pasou un verán no bosque. 
Encontrou un bo sitio onde acampar  nas landras... e polas mañás viña un Gaio a desexarlle bos días.




Ela espertaba con pelos de tola, e asomaba pola súa colcha de ceo, a ver que lle aportaría o novo día. O Gaio quedaba alí observando como despertaba e saia do refuxio, para acercala o río e así comezar cun bo chapuzón.