"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

sábado, 24 de abril de 2010

Cidade de soños. "Pegada e fume"

"O obxectivo deste proxecto é a realización dun mural colectivo de cerámica, de dimensións aproximadas de 13 metros de longo por 3 de altura. Un equipo de profesionais, (Producciones Accidentais), vai levar un grupo grande de cidadáns á realización desta obra que quedará colocada no Parque de Castrelos, nun escenario que se vai recuperar arquitectónicamente.

Este equipo de profesionais construirán preto de 1800 azulexos a man dun material refractario branco e un tamaño de 15 x 15 cms." Esto é o que se pode encontrar na páxina de Cidade de SOÑOS.

Eu fun alí co grupo de Sol Poniente e outras amigas/o (Lorena, Bea, Pablo, Raquel e Jazmin), fomos ata alí a participar neste acto e ver como é o proceso. Foi unha tarde moi entretida e chea de curiosidades.

As fotografías son de Yellice:






martes, 20 de abril de 2010

Benvidos

Boas, chámome Olalla e neste blog irei poñendo unha pequena parte de min, a máis creativa ou iso intentarei. Neste camiño do arte como na vida son moitas cousas a ter en conta. Por iso sei que son unha esponxa, absorbo ata que me cheo e baléirome pero sen perder nada, só transformándoo noutro algo.

E para comezar tampouco teño moito máis que dicir, aquí atoparedes debuxos, serigrafías, pinturas ou ilustracións... Un mundo moi presente na miña vida coma de tantas outras persoas. Espero que disfrutedes do meu traballo tanto como gozo eu facéndoo.

A rede está aberta a toda persoa que queira pasar un ratiño a fisgar, ou entreterse, ou comentar... Espero ir mellorando co tempo.

Un saudiño.