"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 30 de septiembre de 2010

Namentres A cascada e O vixiante

Entre a fervenza e o vixiante, o mundo parece natural, próximo a un bosque de soño que se derrete co paso do tempo.

Burbullas visitan estes lugares, co vixiante sempre atento a quen chega. Os paxaros tranquilos dende as alturas, voan ou cantan ao seu antollo...
































O vixiante dáche a benvida o bosque máxico e invítache a pasar a fervenza que o mantén. Gozade do paseo, máis alá das portas vermellas.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

¿Que che pasa?


Fai tanto, que quedou transformada no soporte doutra (A cascada)



Pero as veces, aínda agora,  no seu fondo percibes o medo que aínda ten. Notas como esvaecese de todo o que está o seu arredor para entrar noutro mundo no que se esconde do seu entorno directo coa realidade. Só as veces, permítese o luxo de visitar este outro lugar onde o medo queda fora e outras "cousas" cobran vida.

Próxima parada: A cascada.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Antes da nena dos cabelos vermellos: o bosque.

Ergueuse de madrugada enredada entre lá vermella. Dende a ventá o baleiro quedáballe a unha altura relativamente maior a súa figura, pero menor ca súa cordura. Contempla o amencer tódolos días dende o mesmo sitio, e espera co tempo pase sen perderse. Así chega a noite, unhas veces con lúa, outras sen ela... Pero, a lá cúbreo todo pouco a pouco, canto mais tempo pasa observando, mais esténdense os seus soños, máis encérranse e máis escápanse. Pero ela mantense inmóbil, sentada na ventá como nena que se senta nunha randeeira. Pasa o tempo no silencio, transformando as súas palabras en refachos de vento alimentando os asubíos das casas. O faiado tinguido de vermello, xa non é un espazo baleiro, xa non é onde van as cousas vellas... Agora é outra realidade; unha alfombra que o cubre todo tinguíndoo de vida, as portas do bosque están abertas e ela empeza a expandirse.




Invítovos a unha das portas para entrar os meus soños... Seguide o fío...

O primeiro paso cara os Espidos

Creo que como paseo polo pasado xa chegou, quizais volva algunha que outra ollada o tempo anterior, pero polo momento é suficiente. 

No corpo humano encontro un interesante tema no que desenvolverme, unha cuestión de atracción pola beleza que este ten. Quizais na busca dun mesmo, o xogar coas formas do corpo, doume conta da importancia e o peso da mente co corpo e viceversa, e o mesmo tempo as influencias externas que nos fan mutar tanto no interior como no exterior. O equilibrio das aglomeracións é moi fráxil...



Saúdos.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Monstros nas escaleiras

A obra que mostro era unha intervención nun espazo cotiá, onde os monstros do ático expandíanse polas paredes e escaleira. A verdade e que continuei por un tempo coas acuarelas, o gusto pola mancha e as formas foi aumentando co paso do tempo.




































A idea era seguir cubrindo pouco a pouco todo o espazo en distintos tempos, como se fora musgo que vai cubrindo todo, pero o tempo era reducido para a presentación da obra...


Coñecendo a acuarela

A continuación mostrarei algunhas das primeiras acuarelas da miña vida,  un paso cara a mancha.


E a continuación un pequeno avance do rumbo que fun atopando coa acuarela e o corpo humano.



Un saudiño.

Unha chiscada a evolución...

Os primeiros bosquexos e interpretacións que fixen nos primeiros anos con modelo. Aquí empezou a miña paixón polo corpo humano e as súas formas...



O corpo humano non ten pérdida.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Os comezos...

A continuación mostrarei os primeiros, ¿como chamalos? "Quinitos" torpes o longo de moitos outros, co fin de mellorar a técnica e a observación...






Entón tamén descubrín o corpo humano en todo seu esplendor... Pero isto, o deixarei para a seguinte entrada.

Un, entre moitos mestres de antano

Hoxe estou pouco inspirada pero xa que apañei as fotos terei que ir poñéndoas. A continuación poderedes ver o primeiro artista de tradición barroca co que practiquei o claro-oscuro. Sempre e produtivo traballar cos grandes mestres do pasado, reinterpretar ou practicar para aprender cousas novas, mellorar o que se sabe e ser máis conscientes dos erros e vicios que temos cada un. Son moitos os grandes de onte para poder adquirir certa técnica, credibilidade e seguridade no que se vai creando. A continuación poño unhas imaxes dos bosquexos que fixera na copia de José de Ribera,  quedara fascinada coa muller barbuda (aparte doutras obras).

En grafito e lápices de cores.


En grafito, pastel e conté blanco.

E non teño moito máis que engadir. Xa sabedes hai que pasar por todas as épocas para poder acercarse cada vez máis o propio creador que levamos dentro.

Abur.

Un acercamento o gravado

Para un acercamento teórico, os recomendo en caso de dúbidas a Yellice, unha muller que pensa en gravado...  Que sepas Yellice que gracias a ti e xa que no seu momento non valorei o gravado coma debería, despois de coñecerte aprendín novos valores ocultos no gravado.  Aqui dos pequeños traballos da época de facultade relacionados co arte gráfico:

Collagraph

Xilografía

A verdade e que de todo o gravado o que máis me gustou no que traballei foi o Collagraph e a Xilografía. Por iso poño estes dous. Foron os primeiros que fixen de cada unha das técnicas.

Un saudiño